Se muestran los artículos pertenecientes al tema MENCIÓNS.

LIEBSTER BLOG AWARD

Publicado: 03/04/2013 21:09 por iessalvaterraorientacion en MENCIÓNS

 

Hoxe dame bastante vergoña comunicarvos que ao noso modesto blog Mzungu veñen de concederlle un simbólico premio, o Liebster Blog Award  que o conceden blogueiras/os. A blogueria Mónica Diz e o Blogueiro Daniel Veiga tiveron a ben escoller, entre outros, o noso moi mellorable blog.

 

En primeiro lugar MOITAS GRAZAS polo seu recoñecemento.

En segundo lugar respostar as preguntas que me formulan ao recibir o premio.

1. Por que decidiches crear un blog e cando empezaches?

 Pensei que sería unha boa ferramenta para aquela xente que é menos  dada ao asesoramento individual (cara a cara) por vergoña, timidez, ou as razóns que sexan. Tamén por ter un pouco máis de organización coas ferramentas e materiais de traballo e, como non, seguir aprendendo, avanzando e cambiar un pouco o xeito de traballar.

  2. Que che aporta ter un blog?

Fundamentalmente axúdame a ser un pouco máis organizado. Parece que co Blog e algunha ferramenta máis todo está máis a man. Mesmo así, moitas veces cando alguén me pide algo, aínda que ao mellor non o atopo a primeira, si teño unha guía de onde podo atopalo.

3. Cal foi o post do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?

A verdade que post non sei moi ben, pero o tema SalvaterraKonta 2.0. onde a comunidade educativa sinalaba en video as súas preferencias literarias foi do máis seguido. A partires deste inicio afondamos, cada vez máis, no eido do audiovisual con bastante seguimento e un pouco “enganchados”.

4. Utilizas as redes sociais?

Si, pero non moito. O fago nun contexto profesional, como unha maneira de estar ao día pero nunca coa idea, tan extendida entre moita xente, de facer “amigos/as”.

5. Para ti, que significa educar?

Vaia preguntiña, por pouco teño que renunciar ao premio por non saber respostar. 

Preguntáronlle a un mestre de Sri Lanka que se cría que unha máquina (ordenador) podería substituír a un mestre e respondeu que todo aquel que puidese ser substituído por unha máquina, merecía selo. Creo que educar debe consistir en transmitir o disfrute por aprender e que o alumnado aprenda sen que o considere un grande esforzo.

 6. Viviches algún feito importante a través do blog?

Varios. Por exemplo cando souben de alumnado que o seguía, tamén foi sorprendente decatarme que  algunhas familias e profesorado atopaban materiais utilizables e que lles parecían prácticos. E por suposto este premio é outro feito/momento importante.

7. De onde che nace a inspiración para escribir e continuar co blog?

Inspiración non teño moita pero sí o feito de saber que a algunha persoa lle pode servir de axuda sobre todo en temas de especial relevancia como o Autismo, o TDAH, ou calquera outra dificultade ou problema persoal ou profesional.

8. Que aprendiches a nivel persoal ou profesional no último ano?

A nivel profesional, igual que en anos anteriores, que o esforzo e o traballo con humildade sempre ten recoñecemento por algunha persoa, aínda que moitas veces pensemos que non facemos todo o que deberíamos e que teríamos que abranguer máis campo.  

9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?

Ja, ja, ja, vou facer marketing online. No tema Groliños do meu Blog hai moitas pero vou escoller unha dun alumno  moi fracasado na escola que chamábase Albert Einstein "Non pretendamos que as cousas cambien si sempre facemos o mesmo"

10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?

Que iniciar e “abrir” un Blog é bastante doado pero que mantelo actualizado é bastante costoso pero  chave de satisfacción cando un vai ollando que a persoas que o están a seguir lles serve para algo.

11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lle explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ?

Pois utilizaría algo como isto, tamén do noso Blog:

 En terceiro lugar, os once Blogs que vos recomendo son, entre outros moitos:

 

 

Guía de Información Académica e Profesional



Mónica Diz Orienta

Anaquiños e Xoaniñas 2.0

Docente 2 punto 0

Kuentalibros

Entrenando emociones

Crea y aprende con Laura

Familia y cole

XarxaTIC

La Botica del Orientador

Xatakaciencia

 

MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE SEGUIDES ESTE BLOG