Blogia
MZUNGU

AUTOESTIMA

AUTOESTIMA BAIXA NO ALUMNADO

O post de hoxe ten que ver, baixo o meu modesto punto de vista, coa volta á esencia da educación. Profesorado que comprende, que escoita, que acompaña, con sentido do humor, que educa para ser persoa... Deste xeito teremos alumnado feliz, con confianza, que entra con tantas gañas na escola como sae dela, con AUTOESTIMA alta. Ter alumnado emocionalmente competente é vital para que poidan desenvolver a súa vida en sociedade.

Acaso serve de algo que todo o noso alumnado teña ordenadores ou tabletas, pizarras electrónicas ou libros dixitalizados (igual de malos e o mesmo negocio que os de papel) si odian vir ao instituto, non confían no profesorado, pensan que non serven para nada ou non son felices? 

Fágovos un pequeno resumo de algúns rasgos típicos do noso alumnado con baixa autostima. Espero que vos serva de algo aínda que non haxa dúas persoas iguais.

-  Teñen dificultades para comunicarse, para dicir o que lles está a pasar. 

- Tendencia a estar sos aínda que se planifiquen actividades de grupo agradables.

- Dificultades para facer amigos/as, a pesar da importancia que para elas/es ten a amistade. Facilmente perden os poucos que teñen porque non saben reforzar as relacións.

- Soen culpar aos demais de que as relacións non funcionen.

-  Parece que non queren colaborar en nada, dando a sensación de alumnado preguiceiro, cando na realidade esa situación prodúcelles moita ansiedade.

- Poden mostrarse "apegadizos", dando sensación de buscar unha relación, pero cando se intenta esta, calan e amósanse incómodas/os e inhibidas/os.

- Normalmente evitan as actividades extraescolares nas que teñen que relacionarse con outros.

- Sentiranse tanto máis incómodas/os en actividades de grupo canto máis aumente o número de membros.

- Non sempre son tímidos e introvertidos, poden amosarse agresivos e esixentes.

-  A posibilidade de prestar atención é moi excasa, pois adícanse a pensar nos demais e neles mesmos e fantasean sobre posibles relacións.

- Poden substituír a mala relación coas persoas con animais domésticos, xoguetes ou calquera cousa que non lles proteste no trato, chegando incluso a relacións obsesivas que lles axudan a manter os niveis de ansiedade e seguridade nuns límites aceptables.

-  Son incapaces de escoitar aos outros e entender os seus puntos de vista.

-  Son pouco conscientes dos intereses e necesidades dos demais.

-  Falan negativamente da familia, da súa clase ou do seu equipo.

-  Rara vez, ou nunca, ofrécense para axudar aos outros. Non lles caen ben aos compañeiros.

-  Resúltanlles incómodos ao profesorado e, nembargantes, intentan captar a súa atención continuamente.

-  Queren ser sempre o centro de atención dos demais.

- Teñen dificultades para expresar as súas ideas e sentimentos de maneira directa, así como para pedir o que necesitan. 

Potenciar as emocións positivas é cuestión de práctica e pódese aprender.

AUTOESTIMA

ACTIVIDADE SOBRE AUTOESTIMA

AUTOESTIMA

RECAPITULANDO SOBRE A AUTOESTIMA

AUTOESTIMA

MELLORANDO A AUTOESTIMA DOS FILLOS EN 10 PASOS:

PASOS 1 A 5

PASOS 6 A 10

AUTOESTIMA

COMO SE CONSTRUE A AUTOESTIMA NOS/AS NENOS/AS

AUTOESTIMA

IDEAS CHAVE PARA DESENVOLVER A AUTOESTIMA

AUTOESTIMA

QUE É A AUTOESTIMA?