Blogia
MZUNGU

Ti Elixes!

No seu magnifico Blog de orientación, a compañeira Mónica Diz comparte a guia de orientación "Ti Elixes!". Trátase dunha guia que ven elaborando o CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil) do Concello de A Coruña dende hai moitos anos. Esta é a última versión actualizada a día 30 de marzo. 
A Guia Ti Elixes! 2016 é un recurso imprescincible para orientarse en educación e emprego. Nela atoparás un enorme directorio coas fontes de información sobre emprego e educación máis destacadas, así como unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas. Todas as direccións web que aporta a guia conteñen un enlace para acceder directamente ao recurso. 

A Guia Ti Elixes! 2016 contén:

1. Información sobre Emprego:

 

  • Onde informarse
  • Programas de emprego
  • Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil
  • Atopar traballo na rede
  • Empresas de Traballo Temporal
  • Emprego público
  • Traballar na UE
  • Emprendemento

 

2. Información sobre Educación:

 

  • Directorio de recursos
  • Universidades 
  • Información sobre bolsas
  • Convocatorias de bolsas
A guia en PDF
Descarga a guia pinchando 
na imaxe ou neste enlace.

0 comentarios