Unha microtitoría é, simplemente, cando nos diriximos a unha alumna ou alumno durante un momento da sesión lectiva. Pode ter unha duración, as veces, inferior a un minuto pero realmente é unha atención persoalizada que o alumnado vai sentir coma moi importante. Estas microtitorías NUNCA deben ser para reprimir ou castigar. Ao contrario, son para nos "gañar" ao alumno/a, ou sexa, amosar interese pola súa persoa e pola súa vida en xeral (tamén fóra do centro). Funcionan moi ben cando existen conflictos no grupo.

Podemos achegarmos e cun sorriso decirlle algo agradable ou facerlle unha broma (seguro que non o esperan), preguntarlle por cousas que non teñan que ver co centro ou incluso darlle as grazas polo seu comportamento nesa sesión lectiva, dependerá de cada persoa. O máis importante e que o alumnado sinte, con esta achega, que lles adicamos TEMPO e algúns pensamos que a educación é iso, tempo! Que o alumnado sinta que estamos ao seu lado, que os acompañamos e que nos importa o que lles pase. E todo isto poden sentilo con menos dun minuto do noso tempo. Penso que paga a pena intentalo!

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.