ORDE do 17 de febreiro de 2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015.

 

Requisitos das persoas participantes (ciclos grao medio)

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Requisitos das persoas participantes (ciclos grao superior)

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e se atopen nalgunha das seguintes situacións:

a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.

b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que se opta, consonte o que se establece no anexo VII da orde

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.