REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou  réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria
das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 

PRAZO DE MATRÍCULA: Entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.

DATA DO EXAME: 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde.

LUGAR: IES San Clemente de Santiago de Compostela

LUGARES PARA A INSCRIPCIÓN (máis cercano)
  • Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202, Vigo.
ORGANIZACIÓN DA PROBA:

Consta de dous exercicios:

  1. Exercicio de materias comúns: a) Primeira parte: lingua galega e literatura; b) Segunda parte: lingua castelá e literatura; c) Terceira parte: lingua estranxeira; d) Cuarta parte: cuestións das materias de ciencias para o mundo contemporáneo, de filosofía e cidadanía, de historia da filosofía e de historia de España.
  2. Exercicio de seis materias de modalidade: Para superar cada exercicio cumprirá obter unha cualificación igual ou superior a 5 e, polo menos, un 4 en cada unha das súas partes.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, consulta as seguintes ligazóns:

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.