A MEDIACIÓN ESCOLAR

Publicado: 13/12/2013 10:56 por iessalvaterraorientacion en CONVIVENCIA

A Mediación no Johan Carballeira (Bueu)

Que é a Mediación escolar?


O servizo de Mediación Escolar, como un recurso para o traballo da violencia neste contexto, esixe unha implicación de todos os colectivos implicados. A mediación escolar normalmente faise nun espazo do centro escolar (poderemos utilizar a aula de convivencia) onde só participan os/as mediados/as e os mediadores/as. 

Como son os nosos mediadores?
Os/as mediadores/as son alumnos/as do noso instituto, compañeiros/as voluntarios/as que fixeron un taller de formación en resolución de conflitos e mediación. Asumen o compromiso de neutralidade, escoita, confianza e confidencialidade. O coordinador é o orientador do centro. Os/as mediadores/as non dan solucións, son neutrais e comprométense a manter en segredo o falado nas sesións de mediación. Axudarán a atopar unha solución ós vosos problemas.
Como se solicita o servizo de mediación?
É moi fácil. Simplemente comunicándollo o coordinador do servizo de mediación (o orientador), ou ao titor/a, ou ao Xefe de Estudos. Tamén podes contar coa colaboración dos alumnos/as mediadores.
Que aporta o Servizo de mediación?
A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co servizo de mediación poden beneficiarse de:

  • A actitude cooperativa para resolver conflitos. 
  • O coñecemento e crecemento persoal. 
  • A mellora do clima social do centro e do entorno. 
  • A adquisición de habilidades na comunicación. 
  • A participación activa e responsable. 
  • A resolución satisfactoria do conflito polas dúas partes. 

Vía Orientación

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.