GROLIÑOS

Publicado: 08/12/2013 10:22 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

“Umuntu, nigumuntu, nagamuntu”

Madiba (Nelson Mandela)


Esta frase zulú significa algo así como “unha persoa é persoa por causa dos demáis” Está na orixe da filosofía Ubuntu que Nelson Mandela contribuiu a extender polo mundo. Trátase dun xeito de ver a vida que enterra as súas raíces no máis fondo da cultura africana, en concreto das etnias xhosa (á que pertencía Madiba) e zulú, pero tamén é unha maneira de estar no mundo, un concepto tan amplo que é difícil pechar nunha soa definición. De calquera xeito, a frase de Madiba “Son porque nós somos” ten sido un bo intento de enmarcar ao Ubuntu.

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.