Proxecto TableTea

Publicado: 30/10/2013 09:54 por iessalvaterraorientacion en Proxecto TableTea

 

O paso do pergamino ao libro foi máis complicado Risa Sonrisa

Hoxe quero presentar oficialmente o proxecto colaborativo TableTea do IES Salvaterra de Miño no que imos traballar con dispositivos móbiles. Nunha primeira fase, esperamos que non sexa a última, escollimos os grupos de 4º ESO de Diversificación Curricular e PCPI de carpintaría. Espero que poidan entrar máis grupos e, incluso, sumarse algún que outro centro ao proxecto xa que a verdadeira integración das TIC nos centros de ensino favorécese moito coa creación de redes docentes colaborativas que difundan as súas prácticas e problemas atopados. As tabletas chegan en dous días e serán repartidas a vindeira semán. 

Achégovos os vículos ao Blog do proxecto  e a conta de Twitter do mesmo co hashtag inicial #tabletasnaclase.

Imos ser unha comunidade educativa touchscreen Risa Sonrisa

Comentarios  Ir a formulario



gravatar.comAutor: Andrés

"Tentaremos" ser unha comunidade educativa touchscreen...
A polo reto!!!!

Fecha: 31/10/2013 15:56.


Añadir un comentario



No será mostrado.