Blogia
MZUNGU

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS DEPORTIVAS 2013

Publicouse no DOG do 4 de xullo a convocatoria das probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 2013-2014.
  • Prazo de inscrición nas probas: Do 5 ao 17 de xullo de 2013. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 4 de setembro. 
  •   
  • Celebración das probas: Setembro do 2013. Para ver as datas concretas de cada especialidade e centro consultar o enlace coa convocatoria. 
  • A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan.
  • Prazo de matrícula nas ensinanzas: Ata o 17 de setembro de 2013. 

ENLACE CO TEXTO DA CONVOCATORIA: onde se publican as datas e horarios das probas, formularios de inscrición e matrícula, requisitos de acceso, contidos das probas,... .
Vía Mónica Diz Orienta

0 comentarios