POESÍA...ES TI

Publicado: 18/05/2012 19:55 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

RÚSTICAS NAIS

... A mesma mao pra o sacho e para a teta,

na Virxen e no trasno a mesma fé,

un agarimo ao neno,

outo agarimo

a benquerida sombra que deixara

no leito de follatos

o home que foi voso aquela noite.

E se sinto unha espranza,

ou na destiñación do noso pobo

ou na perpetuación do noso ser,

arquiveiras da esencia de unha raza!

non é senón aquela

que aínda podemos pór agora e sempre

na virtude baril do voso leite.

 

Sementeira do vento

Valentín Paz-Andrade




Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.