POESÍA...ES TI

Publicado: 20/04/2012 20:03 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

A MIÑA LINGUA

Falo coa miña lingua irada, 
coa rabia da brétema nos ollos...

...Falo a un tempo a fala doce dos amantes, 
falo prós amantes máis que nada 
e pra tódolos que, por causa do amor, 
sofren e calan a súa desdita. 
Falo a fala dos poetas que están mortos, 
coas súas mellores palabras, 
coa súa palabra esquencida falo, 
coa voz amantiña dos irmaos benqueridos, 
coa vella pregalla que levo escrita no sangue 
desde hai tanto e que foi inocente un día.

PILAR CIBREIRO 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.