Facebook Twitter Google +1     Admin

POESÍA

Hoxe, moi cedo, apetéceme deixarvos este poesía-post que, penso eu, será o inicio doutra aventura...poética.

Obra: Cantares galegos      Autora:Rosalía castro

Pra a Habana!

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro 5
i as leiras que tiña ;
deixárono sÓio
cou ropa vestida.
“María, eu son mozo,
pedir no me É dado ; 10
eu voy polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i a Habana me vou...
Adiós, adiós, prendas 15
do meu corazón !”
“Ánimo, compañeros!
Toda a terra e dos homes.
Aquel que non veu nunca máis que a propia
a ignorancia o consome. 20
Ánimo ! A quen se muda Dios o axuda !
I anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés desque tornemos
que medrano os robres !
Mañán é o día grande, ao mar, amigos! 25
Mañán, Dios nos acoxe !”
No sembrante a alegrÌa,
no corazón o esforzo,
i a campana armoniosa da esperanza,
lonxe, tocando a morto ! 30
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas 35
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás, 40
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.


No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.