O profesorado e alumnado que está a (ou vai) participar no proxecto SalvaterraKonta debe considerar os seguintes puntos para recomendar o seu libro:

  1. Teredes que presentarvos dando o voso nome, idade e curso (no seu caso).
  2. Dicir o título e autor do libro.
  3. Explicar ou resumir brevemente o argumento do libro.
  4. Dar 3 razóns polas que recomendades este libro.

É convinte que escribades un pequeno guión (media páxina) do que ides falar na gravación do vídeo xa que este durará como máximo 2 minutos.

Aquelas persoas que van gravar en árabe,chinés, sueco, rumano, francés, inglés, portugués, etc. terán que presentar a tradución escrita ao galego do que van contar no vídeo para engadir os subtítulos.

Para máis información falar con Alfredo.


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.