Facebook Twitter Google +1     Admin

QUE OPINA O PROFESORADO SOBRE A ESCOLA 2.0

A primeira semana de outubro no III Congreso Escola 2.O o profesor Manuel Area Moreira, catedrático galego de universidade, presentou os primeiros resultados da enquisa levada a cabo por toda a xeografía nacional e na que participou unha mostra de máis de 4500 docentes.

Os resultados amosan, nunha primeira ollada, grandes diferenzas entre as distintas autonomías.  Aquí tedes as conclusións copiadas da presentación de Manuel Area no Congreso.

 

- Non hai unha visión homoxénea do profesorado ante as TIC e a Escola 2.0.
- Existe variabilidade e diferenzas significativas entre Comunidades Autónomas e Etapas (Primaria e Secundaria).
- Mellores valoracións, cara a Escola 2.0, do profesorado de Primaria que do de Secundaria.
- Hai moita tecnoloxía nas aulas, pero non está lograda a plena dispoñibilidade e reclámase máis.
- Úsanse as TIC pero hai pouca innovación didáctica.
- O profesorado ten unha visión positiva cara aos efectos das TIC.
- A pesar da abundancia de TIC, o libro de texto e a pizarra tradicional son os recursos máis empregados diariamente.
- O coordinador TIC é necesario.
- O profesorado cre que ten formación abondo, pero demanda máis.
- O profesorado é crítico coa política formativa en TIC da súa comunidade, que considera entre "regular e aceptable".
- O profesorado quere recursos online libres e compartidos.
- Non hai "visión": O profesorado di que lle falta información sobre obxectivos e características do proxecto Escola 2.0.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.