Facebook Twitter Google +1     Admin

ESCOLA 2.O É COMPARTIR INFORMACIÓN

Pois si, a min faime moita gracia ollar o mal uso que facemos das TIC. Por exemplo, falando de Moodle, baixo o meu punto de vista ferramenta con moi pouco futuro, levo as máns á cachola ao ver como unha grande parte dos centros educativos que teñen aulas virtuais nin siquer permiten a entrada aos seus cursos como invitados. Pensarán que teñen un tesouro? Recollendo palabras do profesor Domingo Méndez de Cieza, no caso que así foxe, amólame pensar en docentes poñéndolle cancelas a outras/os docentes para que dispoñan de ferramentas didácticas que funcionan. E que me decides das supostas persoas expertas en TIC que imparten charlas falando do software libre e amosan prezosas aulas Moodle, tan bonitas como pechadas, que non deixan que ninguén poida entrar nos seus contidos nin dispor das súas presentacións? Nun post do Blog de Clay fálase de algo, para min moi importante, a actitude 2.0. Que é isto de actitude 2.0? Resumindo moito podemos entendela e definila como a nosa disposición, positiva ou negativa, a interactuar na web. Cantos/as de nós quedamos como parvos ante o mar de información polo que navegamos? Cantos/as somos quen de deixar un comentario? Que ideas nos xurden e que facemos con esas ideas? Con quen as compartimos?

O vídeo adxunto pódevos axudar a entender e dar resposta a cal é realmente a nosa/vosa actitude 2.0. e se realmente compartimos e interactuamos na web. 


No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.