Facebook Twitter Google +1     Admin

ALTERNATIVAS A MOODLE

ALTERNATIVAS A MOODLE

 

Parece que cando falamos de entornos ou plataformas virtuais de aprendizaxe que podemos usar nas aulas sempre aparece como primeira referencia Moodle. Temos que saber que hai outras moitas alternativas gratuitas (opensource) tan boas ou mellores.

Vexamos algunhas:

Atutor unha das máis utilizadas con máis de 30000 instaladas en distintos centros educativos.

Chamilo enormes posibilidades na xestión e creación de cursos.

Claroline conta con un boísimo manual do profesor de Roberto Arguetga que podedes descargar dende aquí.

Dokeos na opinión de expertos como xarxatic unha das máis fáciles de usar para o alumnado e pode que un pouco máis complexa para o profesorado.

Docebo presenta como característica principal a de poder personalizar o modelo didáctico ás necesidades do tipo de aula e de alumnado, da materia a impartir, etc.

Olat é o acrónimo de Online Learning and Training e se actualiza dende a universidade de Zurich.

Sakai tamén coma Olat esta desenvolvida en Java.

E aínda existen máis pero trátase de que abramos un pouco os ollos e vexamos por onde van os tiros e pensemos que Moodle e unha delas.


No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.